mércores, 8 de outubro de 2014

Configurar permisos para os usuarios



Aínda que  para empregar OpenERP de forma habitual non é recomendable, para configuralo é imprescindible ter activadas as “características técnicas” do usuario. Actívanse dende a pantalla anterior pero na pestana “Permisos de acceso”. Dende esta mesma tamén se configurarán os permisos aos módulos básicos de OpenERP, aínda que no aos módulos propios que se crearan.



Para configurar os permisos dos módulos propios, ou para configurar dunha forma mais exacta os permisos dun usuario haberá que facelo dende o obxecto grupos, que é o que aparece, unha vez activadas as características técnicas, encima de usuarios. (Nota: Ainda que poida parecer una obviedade, hai que ter coidado de que o usuario no que se han activado las características técnicas sexa co  que se está traballando, en caso contrario habería que pechar sesión e iniciala con dito usuario).
Pero para chegar a este paso previamente haberá que coñecer o nome do obxecto a asignar permisos. Non o nome que se ve, o cal pode ser unha tradución ou non coincidir exactamente, se non o nome co que está programado. Iso pode facerse de duas formas, véndoo no arquivo programado, algo que non é  moi recomendable sen os coñecementos suficientes ou activando o modo desenvolvedor. Con este modo activado se poderán facer múltiples tarefas, pero a mais importante será coñecer o nome de los obxectos. Na vista formulario, bastará  con poñerse enriba dun campo y ahí se especifica o nome del campo e do obxecto. Por exemplo para coñecer o nome do obxecto Empleados se pon o cursor enriba de calquer  campo y se ve no recadro. Tal e como pode apreciarse na imaxe el nome do obxecto “empleados” é  “hr.employee”.


Agora que se sabe ver o nome  acódese ao obxecto anteriormente mencionado Grupos. Haberá que crear un grupo e dentro de este unha aplicación e a partir de aí movéndose polas pestanas se seleccionan os permisos de acceso. Tamén é posible facelo dende un grupo que xa esté creado, como por exemplo o “compartir”.


En “permisos de acceso” será onde haxa que poñer el nome do obxecto, neste caso para poñer un exemplo  elixiuse o  do modulo propio “curso.ficha” aínda que ao introducilo xa pon automaticamente “Ficha”. En principio haberá que ir obxecto a obxecto, non poderá seleccionarse un módulo completo. Isto presenta como inconveniente o laborioso que resulta, pero por outra parte a ventaxa de poder configurar los permisos de “ler”, ”escribir”, ”crear” e “eliminar” segundo conveña.

Ademais non será necesario crear un grupo por cada módulo, poden insertarse obxectos de calquer parte e así facelo todo de una vez.
Como recomendación  evitarase o uso de acentos no  nome dos obxectos, na programación xa non os ten e para evitar un posible error mellor evitalos.
Este é o resultado, en vez de verse el módulo completo só se ve o obxecto compartido.


Ningún comentario:

Publicar un comentario