Medio ambiente

   
Este proxecto está motivado polos modelos de xestión da calidade total. Dentro do modelo Europeo de calidade (EFQM) tres das numerosas metodoloxías existentes son as seguintes:

a)       Norma ISO 9001.

A nova norma ISO 9000 incorpora aspectos como a medida da satisfacción dos clientes e o establecemento de obxectivos de mellora  continua, cos cales se reforza o ciclo de xestión da calidade dos produtos e servizos. Por todo iso, cando unha organización aplique os contidos desta norma no seu  Sistema de Xestión da Calidade, estará mellorando a súa forma de xestionar, principalmente, no Criterio Procesos  e no Criterio Resultados nos Clientes do Modelo EFQM de Excelencia. 

b)      Norma ISO 14001

A aplicación dun Sistema de Xestión Medioambiental seguindo as directrices contidas nesta norma, permítelle ás empresas desenvolver  produtos menos lesivos co medio ambiente e mellorar a xestión dos seus recursos, reducindo o consumo de materias primas, auga e enerxía; aproveitando e minimizando os residuos e reducindo os custes de embalaxe, almacenamento e transporte. Polo tanto incide, principalmente, no Criterio Alianzas e Recursos e  no impacto social ou Criterio Resultados na Sociedade. 

c)      Xestión de Procesos

Pódese definir un “Proceso” como calquer secuencia repetitiva de actividades que unha ou varias persoas (Intervintes) desenvolven para facer chegar "algo" (Saída) a "alguén" (Destinatario), a partir duns recursos que se utilizan (recursos amortizables que precisan empregar os intervintes) ou ben se consumen (Entradas ao proceso). A xestión e mellora de procesos é un dos pilares sobre os que descansa a xestión segundo os principios de “Calidade Total / Excelencia”. Polo tanto, actúa, principalmente, no Criterio Procesos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario