Post introductorio no que poño unhas breves definicións dos
termos mais importantes para entender OpenERP. Imaxínome que ós informáticos non
lles estarei descubrindo nada con isto, pero para xente doutras disciplinas son
conceptos que non se viron nunca. Precisamente por isto, as definicións, que son
coas mis propias palabras, pretenden ser mais aclaracións para
"profanos" coma min ca que definicións técnicas.
Obxecto: Son os que forman a estructura principal de OpenERP. Modelos
nos cales se establecen os campos cos seus diferentes tipos. Unha entidade propia
que como conxunto forma parte dun módulo ou unha aplicación. Mediante un campo
relación dentro da pantalla na se ve un obxecto poderá haber outros obxectos.
Sucede isto, por exemplo cos one2many.
Campo: Os obxectos en OpenERP conteñen os campos que permiten
introducir datos na base . Hai dous tipos de campos, os básicos e los
relacionais, os básicos solos serven para introducir datos básicos y los
relacionais permiten establecer relacións
entre os obxectos. Os campos estarán definidos por un nome “real” e por un “descritivo”
que será o que realmente se visualice. Esta distinción é importante xa que á
hora de importar/exportar os datos será o nome “real” o que apareza.
Menú: É un conxunto de obxectos, servirá como división para
visualizalos mellor. A veces un menú pode confundirse cun obxecto. A columna da
esquerda de cada módulo é o menú e está composta polo menú dos obxectos.O mesmo
obxecto pode estar en varios menús distintos, é dicir en varios módulos
diferentes. O que significa que cando se modifica algo nun tamén o fai no outro.
En próximos posts veremos cómo pode facerse isto en modo gráfico.
Vista: As vistas describen como é amosado cada obxecto, como y
onde é debuxado cada un. Hai 6 tipos de
vista distintos nesta versión: Kanban,
Lista, Formulario, Calendario, Gantt e Gráfico. Non é necesario que un obxecto
as teña todas, pero alo menos si a vista Lista
ou árbore, que será da que se poidan importar os datos e la vista Formulario que será na que se cubran
manualmente os datos.
Módulo: É o conxunto de obxectos, campos, menús, vistas y
aplicacións se é o caso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario